Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

SE ESTÁS PENSANDO EN CAMBIAR DE OPERADOR, ESTA INFORMACIÓN INTERÉSATE

Estudo Calidade dos Operadores de Telecomunicacións 2024

A Calidade móbil convértese nun lastre para Vodafone, R e Grupo Orange

En Calidade Fixa e Internet as puntuacións van desde os 6,55 aos 8,17 puntos

A clasificación da calidade media encabézaa Movistar e péchaa o Grupo Orange

As claves das diferenzas: Avarías e Reclamacións. As velocidades pesan pero pouco

  • A porcentaxe de avarías: desde o 0,25% ao 2,59%.
  • O tempo de reparación: desde menos de dous días ate máis de cinco.
  • A porcentaxe de avarías reparadas: do 78% ao 100%.
  • As reclamacións no servizo fixo poden superar o 2,6% e tardar ate 31 días en resolverse.
  • As reclamación no servizo móbil chegan ao 1,3% e case 24 días de resolución.

 

A Unión de Consumidores de Galicia en colaboración con ADECES (Asociación prol Dereitos Civís, Económicos e Sociais), analizou a calidade dos operadores de telecomunicacións segundo os datos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais sobre telefonía fixa, móbil e Internet e as estatísticas de reclamacións rexistradas pola OAUT (Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións e Servizos Dixitais).

Puntuacións

No servizo fixo, MOVISTAR alcanza 8,17. Unha puntuación que se sustenta nun baixo nivel de avarías, tanto en telefonía fixa como Internet, na rápida resolución das mesmas e na altísima porcentaxe de avarías reparadas no prazo obxectivo de 48 horas. O grupo Másmóvil sitúase ao final da clasificación con 6,65 puntos. O resto aproxímase aos 7 puntos ou os pasa lixeiramente. A máxima diferenza nas notas é do 23%.

No servizo Móbil, a calidade convértese nun lastre para R, Vodafone (a pesar do seu bo comportamento en relación co número de reclamacións e o seu tempo de resolución) e o grupo Orange, que con pouco máis de 3,5 puntos pecha a clasificación nesta categoría. Másmóvil e Euskaltel obteñen 5,91 e 5,26 puntos respectivamente. Movistar logra unha nota de 6,27 puntos. A máxima diferenza nas notas é do 70%.

Así, a Calidade Global encabézaa MOVISTAR (7,22 puntos); as puntuacións máis baixas son para o grupo Orange, Vodafone e R, entre 5,23 e 5,84 puntos. Euskaltel logra 6,20 puntos. a diferenza porcentual entre o primeiro e o último é do 38%.

 

 

Avarías

A maior porcentaxe de avarías na internet é para Telecable (2,59%), seguido moi de preto por Euskaltel (2,54%). No polo oposto Movistar (0,25%), ao que segue Vodafone (0,64%).

O tempo empregado na reparación de avarías tamén xoga un papel determinante, del depende a continuación do servizo en caso de incidencia. Na Internet, os tempos poden superar as 100 h (4 días), como ocorre co grupo Orange ou Euskaltel. Neste campo os mellores son Movistar (46 h) e Telecable (52 h).

En telefonía fixa, R, supera os 5 días (130 h) e o grupo Orange achégase a eles (113 h). Preto dos 4 días o grupo Másmóvil e Euskaltel. Os mellores, Vodafone (30 h) e Movistar (47 h).

En canto á porcentaxe de avarías de Internet reparadas no tempo obxectivo  (48 horas, xeralmente, excepto Euskaltel que o estipula en 47 horas), as diferenzas son moi avultadas. Mentres Movistar aproxímase ao 100%, Euskaltel e os grupos Orange e Másmóvil móvense ao redor do 85% e Vodafone, R e Telecable superan por pouco o 90%. En telefonía fixa, de novo Movistar aproxímase ao 100%, acompañado de preto por Vodafone (98%). O resto dos operadores non chega ao 90% ou o supera lixeiramente (Telecable). Mención aparte para R que mostra un rexistro moi baixo (78%). 

Reclamacións

Segundo a OAUT, o grupo Orange (6,29), ten o menor volume de reclamacións no servizo fixo, seguido de Movistar (8,44); por encima da decena Vodafone e o grupo Másmóvil.

En servizos converxentes, o menor volume é para Movistar (1,10), rexistro que Vodafone multiplica por 6. O resto dos operadores presenta un volume próximo a 2 ou a 1,50.

En canto ás reclamacións móbiles, o grupo Másmóvil e Movistar rexistran unha magnitude similar de reclamacións #ante a OAUT (ao redor de 0,80). Vodafone duplica esa referencia e o grupo Orange multiplícao por máis de 4 veces.

Pola súa banda, os datos da SETID falan dunha porcentaxe de reclamacións fixo que sitúa ao grupo Másmóvil como o mellor (0,41%), seguido de Euskaltel (0,67%). Entre 0,78% e 1,63% o resto de operadores fóra de Movistar (2,62%), que tamén presenta o peor dato en reclamacións de móbil (1,32%), o grupo Orange tamén supera o 1%. Neste servizo Euskaltel ten a mellor porcentaxe (0,06%).

En relación cos tempos de resolución de reclamacións tanto en fixo como en móbil, os mellores datos corresponden a Vodafone (4,20 e 0,55 días, respectivamente), as peores cifras son as de R, que con 31 días en fixo e 24 en móbil non teñen comparación posible con ningún operador.

Banda larga

En primeiro lugar, é necesario sinalar que en 2023 aínda persistían ofertas asimétricas como as de Vodafone de 600-300/100 Mbps ou Euskaltel e R (600/50 e 300/30 Mbps), pero é, sobre todo, Telecable o que ten máis produtos con asimetría (600-500-300-200-100/50 Mpbs).

En segundo lugar, hai que precisar que as velocidades xa non son determinantes nas diferenzas de calidade entre operadores. Por exemplo, o caudal medio de descarga e subida nas ofertas de fibra e cable está no rango do 95% ou o supera (Telecable e Orange). Tan só afástanse dese rango Vodafone na descarga (92%) e, sobre todo, Telecable na subida (89%).

En banda ancha móbil, os caudais medios de baixada oscilan entre o 31% (grupo Orange) e o 46% do grupo Másmóvil. Na subida, móvense entre o 47% de Vodafone e o 85% do grupo Másmóvil. Con todo, é necesario aclarar que os datos do grupo Másmóvil baséanse en ofertas de 111/37,5 Mbps, en tanto que as do resto de operadores son de 150/50 Mbps.

Podes consultar a Nota de Prensa e o Informe Completo

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar